Grupo municipal dos socialistas de Santiago


O noso deputado de Santiago

Parlamento

Os socialistas esixen información sobre as características das vivendas da Xunta para afectados por desafiuzamentos

O portavoz de Vivenda do Grupo Socialista, Xosé A. Sánchez Bugallo, pregunta ao Executivo sobre o parque de vivendas reservado para desafiuzamentos ao que se referiron Feijóo e Hernández en sucesivas ocasións

O portavoz de Vivenda do Grupo Socialista, Xosé A. Sánchez Bugallo, ven de presentar unha pregunta parlamentaria ao Goberno en relación ao parque de vivendas, propiedade da Xunta, reservadas para desafiuzamentos.

En sucesivas manifestacións, o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín hernández, e o propio presidente da Xunta, Núñez Feijóo, teñen feito referencia á existencia dun parque de 500 vivendas propiedade do Goberno galego, e que están reservadas para casos de desafiuzamento.

O parlamentario socialista recrimina ó Executivo galego que non teña concretado onde están estas vivendas e non se teñan definido as súas características.

Na súa iniciativa, Sánchez Bugallo interésase por estas cuestións así como polas condicións económicas e contractuais en que se poñen estas vivendas en disposición dos usuarios e cántas do medio millar existente están xa ocupadas por afectados dos desafiuzamentos.

Volver

filiate



PAZO DE RAXOI. Praza do Obradoiro. 15705 Santiago de Compostela. psoe@santiagodecompostela.org