Grupo municipal dos socialistas de Santiago


O noso deputado de Santiago

Xosé A. Sánchez Bugallo e Francisco Caamaño

Xosé A. Sánchez Bugallo e Francisco Caamaño

PONTE ENTRE ARZÚA E SANTISO

OS SOCIALISTAS ESIXEN Á XUNTA O ARRANXO DA PONTE ENTRE ARZÚA E SANTISO

Sánchez Bugallo recriminou á Xunta que aínda non se teña procedido á solución dos problemas de conexión entre os concellos provocados polo derrubo parcial dunha ponte.
Salienta que a distancia de Santiso con Santiago incrementouse de 52km a 80km, o que repercute na calidade de vida dos veciños que dependen por razóns sanitarias ou laborais da capital galega

Os parlamentarios socialistas, Xosé A. Sánchez Bugallo e Francisco Caamaño, veñen de rexistrar unha pregunta parlamentaria interesándose polas medidas que ten adoptado o Goberno galego para resolver a conexión entre os concellos de Arzúa e Santiso interrompida polo derrubo parcial dunha ponte na estrada que os conecta.

Apunta o portavoz de Ordenación do Territorio do Grupo Socialista e o Secretario Xeral Provincial do PSdeG-PSOE que esta ponte xoga "un papel fundamental", non só en Santiso e Arzúa senón na circulación con Santiago.

Denuncian que dende hai máis de catro meses os veciños de Santiso para vir á capital de Galicia teñen que facelo dando a volta por Melide, é dicir, "Santiago en lugar de quedar a 52 km de Santiso agora queda a máis de 80".

Esta circunstancia está a "afectar gravemente" á calidade de vida de moitos veciños de Santiso que dependen de Santiago por razóns sanitarias, de estudios ou de traballo, apuntan os parlamentarios, que recriminan ó Executivo de Feijóo que logo do tempo transcorrido o problema segue sen resolverse.


Volver

filiate



PAZO DE RAXOI. Praza do Obradoiro. 15705 Santiago de Compostela. psoe@santiagodecompostela.org