Grupo municipal dos socialistas de Santiago


O noso deputado de Santiago

Sánchez Bugallo

Sánchez Bugallo

ERE EN ACEGA

OS SOCIALISTAS ESIXEN A INTERVENCIÓN DA XUNTA NO ERE DA CONCESIONARIADA AP-53 PARA EVITAR A SUBSTITUCIÓN DO PERSOAL DAS CABINAS DE COBRO POR MÁQUINAS

Xosé A. Sánchez Bugallo considera que a regulación non está xustificada desde o punto de vista económico e pon en valor o servizo dos operarios, que ademais do cobro, encárganse da resolución de moitas dificultades que xorden aos usuarios. O ERE afectaría a 15 dos 45 traballadores de ACEGA, e incide nos empregados con menor remuneración pero que fan un servizo imprescindible, a xuízo do deputado socialista

O portavoz de Ordenación do Territorio do Grupo Socialista, Xosé A. Sánchez Bugallo, ven de rexistrar unha iniciativa interesándose pola intervención da Xunta no ERE de extinción da empresa concesionaria da Autoestrada entre Santiago e Alto de Santo Domingo, AP-53, ACEGA, e que afecta a 15 dos seus 45 traballadores.

Aparentemente, a intención da empresa é proceder a substitución destes operarios das cabinas de cobro por maquinaria. Esta substitución non parece xustificada nin por necesidades da empresa "nin moito menos por unha mellora do servizo aos cidadáns", afirma o parlamentario socialista. Xustifica a súa argumentación nas moitas trabas coas que se atoparían os usuarios de atoparse con algunha dificultade, pois "terían que razoar cunha máquina", ironizou.

Laboralmente tampouco atopa xustificación o deputado socialista, pois ao centrarse no persoal de cabinas, o ERE afectaría maioritariamente ao persoal con retribucións máis baixas, pero que, valora Bugallo, "realiza un servizo imprescindible" non só polo cobro senón porque resolven moitas dificultades que poden xurdir aos usuarios da vía.

A través dunha pregunta parlamentaria, o portavoz de Ordenación do Territorio espera obter da Xunta unha resposta afirmativa cara a intervención do Goberno neste ERE para garantir a calidade do servizo aos usuarios da AP-53.

Volver

filiate



PAZO DE RAXOI. Praza do Obradoiro. 15705 Santiago de Compostela. psoe@santiagodecompostela.org