Grupo municipal dos socialistas de Santiago


O noso deputado de Santiago

ROLDAS DE PRENSA

Bugallo asegura que Feijoo falta á verdade e desacredita á xuiza" no caso dos edís de Santiago, pois as dilixencias amosan que acordaron o pago do avogado de Varela

"A diferenza é que na Xunta de Goberno de 2009 no Concello de Santiago da que fala o presidente da Xunta non se autorizaron pagos nin se presentou ningunha factura", afirma o deputado socialista
O deputado socialista Xosé Sánchez Bugallo asegura que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, "falta a verdade e desacredita" á xuíza Ana López-Suevos, xa que nas dilixencias do caso dos sete edís de Santiago demóstrase que acordaron o pago do avogado de Adrián Varela.

Nun auto de dilixencias previas do pasado 24 de febreiro (documento adxunto), está o escrito presentado por Varela na Xunta de Goberno do Concello de Santiago, onde se propón "que se aproben os gastos de representación e defensa procesual do concelleiro que subscribe (...) que serán asumidos polo orzamento municipal".

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, manifestou hoxe en Pleno que xa se aprobara pagar os gastos dun avogado por parte do Concello compostelán no ano 2009. As dilixencias da xuíza deixan claro que non foi así: "Tal e como se comproba, non foi aprobada nesa ocasión ningunha asunción de gastos ou honorarios", afirma o texto. "Nin se autorizaron pagos nin por suposto se presentou ningunha factura", respondeu hoxe na Cámara Bugallo a Feijóo.

Con respecto aos informes cos que Varela solicitou a medida, as dilixencias reflicten o que realmente dixo o secretario do Concello, que só autoriza a proposta do edil "a condición de que non concorran circunstancias que obriguen a cualificalos como gastos realizados en interese propio ou a favor de intereses alleos ao xeneral da entidade".

O informe do secretario tamén advirte de que a medida non pode ser aprobada si non se dan unhos requisitos, entre os que sinala "que a devandita intervención non fose levada a cabo con abuso, exceso, desviación de poder ou en converxencia con intereses particulares", ou "que se declare a inexistencia de responsabilidade criminal", aspecto que aínda non coñece no día de hoxe a Xunta de Goberno do Concello de Santiago.

"Por tanto, o devandito acordo adoptouse polos imputados a sabendas de que a imputación que pesaba sobre Adrián varela era derivada dun proceso penal por presunta corrupción e declarado segredo (...). A asunción de gastos non se condiciona á absolución de Adrián varela ou á decisión de arquivo" da causa, afirman as dilixencias da xuíza.

Volver

filiate



PAZO DE RAXOI. Praza do Obradoiro. 15705 Santiago de Compostela. psoe@santiagodecompostela.org